MITOS Y LEYENDAS

“Unha vez que o Noso Señor andaba a predicar por Galicia, indo na compaña da Virxen María, iba de camino pra Ourense, e como levaban moitas légoas andadas dende Lugo, a pobriña da Vírxen cansábase e a cada pouco decía ao seu fillo:
-
Xa non podo máis, xa non podo.
E Xesucristo lle decía:
-
Sigue un pouco máis, naiciña, que temos que arribar hoxe a Ourense.
E a Vírxen seguía andando, paseniño a paso, detrais de seu fillo. E a pobriña xa non podía máis. E en chegando a Taboada, dixo:
-
Xa non podo máis. Eu chántome eiquí.
-
Naiciña, sigue un pouco máis -decíalle Xesús eunha vos docísima-, que un pouquechiño máis, que temos que chegar hoxe a Ourense.
E seguiron a andar, e andar, e andar. Máis ela iba tan cansa, que unhas légoas mais alá paróuse, xa sin poder dar un paso máis, e dixo ao seu fillo casi sen folgos:
-
Eu chántome eiquí, meu fillo. Quédome eiquí chantada porque xa non podo mais.
E o nosso Señor, vendo que a sua Nai non podia dar un paso mais, suspirou e dixo:
-
Pois queda, queda eiquí chantada, e descansa, que mañá chegaremos a Ourense.
E así foi como Chantada colléu o seu nome e se chama como se chama.”


Men Figueiros de Ferradal, “O Gaiteiro de Lugo” © 1971

1 comentario:

Sir Lothar Mambetta dijo...

Justificalo como quieras, pero que los Torres hayamos salido de Chantada explica muchas cosas.